Benzemá dinamita o clásico cunha tripla
Benzemá dinamita o clásico cunha tripla
O Real Madrid golea no Camp Nou (0-4) cunha actuación maxistral do dianteiro francés
Chegaba o Real Madrid ao Camp Nou nunha situación límite. Perdera por 0-1 no partido de ida e precisaba unha remontada case épica no campo do eterno rival.
Apostou Ancelotti por un equipo moi ofensivo e a xogada non lle puido saír mellor. Non só gañou e remontou senón que acabou goleando por 0-4 ao Barcelona da man dun Benzemá en plan estelar.
⚽️ ¡¡¡GOOOOOOOOOOOLLLLL DE @vinijr!!! ¡¡¡MARCA EL @realmadrid!!!
— RFEF (@rfef) April 5, 2023
Contra del equipo visitante tras un paradón de @thibautcourtois que acaba en el primer gol del partido.
🆚 @FCBarcelona_es | 0-1 | @realmadrid | 45'
📺 @La1_tve | @vamos.#CopaDelRey | #LaCopaMola🏆 pic.twitter.com/61FFpXhNVX
O partido ía igualado e con moitas alternativas ata o último minuto da primeira metade cando Vinicius marcou un gol que cambiaría o rumbo da eliminatoria. E ao pouco de comezar a segunda metade Benzemá empezou co seu recital marcando o segundo.
⚽️ ¡¡¡GOOOOOOOOOOOLLLLL DE @Benzema!!! ¡¡¡MARCA el @realmadrid!!!
— RFEF (@rfef) April 5, 2023
Remate inapelable del 9⃣ blanco.
🆚 @FCBarcelona_es | 0-2 | @realmadrid | 49'
📺 @La1_tve | @vamos.#CopaDelRey | #LaCopaMola🏆 pic.twitter.com/g14Z0ztNW9
Foron dous golpes psicolóxicos demoledores que acusou un Barcelona impotente diante dun Real Madrid que foi o das grandes ocasións. Benzemá sentenciou cun dobrete no 58 e no 80 e meteu o seu equipo na final diante do Osasuna.
⚽️ ¡¡¡GOOOOL DEL @realmadrid!!!
— RFEF (@rfef) April 5, 2023
Completa el triplete @Benzema con una gran definición.
🆚 @FCBarcelona_es | 0-4 | @realmadrid | 80'
📺 @La1_tve | @vamos.#CopaDelRey | #LaCopaMola🏆 pic.twitter.com/FKk8xq7EFj