Publicador de contidos

Publicador de contidos

Benítez lamenta o "agasallo" que fixo o seu equipo concedendo o primeiro gol

Benítez lamenta o "agasallo" que fixo o seu equipo concedendo o primeiro gol

G24.gal 24/01/2024 07:09

Para Rafa Benítez, a eliminatoria de cuartos ante da Real Sociedade estivo marcada polo temperán gol que concedeu o seu equipo. "Ante un equipo como a Real non podemos facer eses agasallos", lamentou o adestrador. Recoñeceu que o equipo competiu e se entregou ata o derradeiro momento, pero os erros penalizárono desde o comezo.

Sobre os berros en contra da continuidade de Benítez que se escoitaron na bancada, o técnico dixo que a súa misión era a de dirixir o equipo. "Estou centrado no que pasa no campo, os trocos saíron ben, pero é moi difícil cando cometes ese erro".

O adestrador visitante Imanol Alguacil estaba moi ledo pola clasificacación e recoñeceu que tiña un valor dobre porque enfronte estaba "un grande adestrador e un grande equipo como o Celta". Alguacil tamén falou de Javi Galán, ex-xogador do Celta, que agarda que sexa presentado este mércores como nova fichaxe da Real. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade