Cargando resultados...
Benítez fala de "toque de atención" e considera que salvaron un punto
O adestrador do Celta recoñeceu a superioridade do Alavés
G24.gal
28/09/2023 22:13
Rafa Benítez non quixo poñer escusas en sala de prensa. Considerou que o máis xusto sería unha vitoria do Alavés e que o mellor do partido para o Celta fora o público, que non parara de apoiar nin un minuto.
"Fixemos un partido malo, temos un punto que compensa o que non sacamos noutros partidos en que merecemos máis", asegurou o adestrador do Celta. Benítez considera: "Facendo partidos como os de hoxe, vainos custar saír de abaixo; sen dúbida, é un toque de atención".
Tamén falou dun aspecto do xogo en que están a ter dificultades. "Parece que xogamos mellor cando somos dominados e nos custa máis cando temos que levar a iniciativa. É un aspecto para traballar", sentenciou Benítez.