Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bebé e Correa, dous reforzos con experiencia para o Rácing

Bebé e Correa, dous reforzos con experiencia para o Rácing

Bebé procede do Raio Vallecano e cunha bagaxe de 231 partidos no fútbol profesional español, 162 eles na máxima categoría

Rober Correa levaba cinco temporadas no Éibar

G24.gal 03/09/2024 13:47 Última actualización 03/09/2024 15:00

O Rácing Club Ferrol formalizou a contratación de Tiago Manuel Días Correia 'Bebé' (Cabo Verde, 12/07/1990), que se incorporará ao club despois de rescindir a pasada semana a súa vinculación co Raio Vallecano, entidade á que estivo unido nas últimas oito tempadas.

Bebé, que ten pasaporte portugués, é un extremo esquerdo cun amplo percorrido futbolístico. Con pasado en equipos como o Manchester United, aterrou en España na tempada 2014/15 da man do Córdoba, ao que chegou cedido polo Benfica.

O Raio Vallecano e a S. D. Eibar foron os seus seguintes destinos, antes de recalar definitivamente na entidade de Vallecas (cunha cesión polo medio no Real Zaragoza), onde se asentou no fútbol español e converteuse nun dos xogadores máis emblemáticos dos últimos anos.

O atacante portugués, que destaca polo seu potente disparo, ten ás súas costas unha bagaxe de 231 partidos no fútbol profesional español, 162 eles na máxima categoría.

Rober Correa tamén vestirá esta tempada a camiseta do Rácing Club Ferrol. O futbolista, que pode actuar tanto de central como de lateral destro, poñerase inmediatamente ás ordes de Cristóbal Parralo.

Formado nas categoría de base do Raio Vallecano, co que debutou en Primeira División, o carrilero pasou con posterioridade polas filas do RCD Espanyol, Elxe e Cádiz antes de recalar na SD Eibar, na que militou no últimas cinco tempadas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade