Cargando resultados...
Beatriz Manjón conmove as redes cunha sentida despedida a súa irmá

G24.gal
13/05/2023 00:10
Última actualización 13/05/2023 00:16
A xornalista e escritora Beatriz Manjón está conmovendo as redes sociais cun artigo publicado no xornal La Región en que se despide da súa irmá Ana, recentemente falecida.
No artigo, titulado Ata pronto, Ana, a que fora un dos rostros máis coñecidos da TVG ten un sentido recordo para a súa irmá maior, que exercía ademais de "mellor amiga", "fada do bosque" da súa infancia e "lectora máis esixente".
"Ana tiña a habilidade de aniquilar o próximo co seu sorriso expansivo, ese sorriso incansable de quen non é capaz de ver a realidade non como é senón como debería ser", sinala Beatriz.
Numerosos amigos da xornalista están expresándolle en redes o seu pesar, ao que nos sumamos tamén os que fomos os seus compañeiros na TVG.