BBVA gaña 2.698 millóns ata marzo, un 23 % máis que no mesmo período do ano pasado
O resultado atribuído en España, excluído o efecto da variación de divisas, ascendeu a 1.024 millóns de euros, un 43,8 % máis que no mesmo trimestre do ano pasado
Supera as expectativas dos analistas, que prognosticaban un incremento do 5,2 %

O BBVA obtivo un beneficio atribuído de 2.698 millóns de euros no primeiro trimestre, un 22,7 % máis que no mesmo período do ano pasado, grazas ao aumento dos ingresos recorrentes e ao resultado de operacións financeiras.
O banco comunicou este martes os seus resultados trimestrais á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
Segundo indicou o BBVA, se se exclúe o efecto de variación de divisas o beneficio do grupo incrementouse un 46,3 %.
BBVA superou amplamente o consenso dos analistas, que anunciaban que o banco gañaría 2.315 millóns ata marzo, un 5,2 % máis.
Por áreas de negocio e excluído o efecto da variación de divisas nas áreas onde ten impacto, o resultado atribuído en España ascendeu a 1.024 millóns de euros, un 43,8 % máis ca no mesmo trimestre do ano pasado.