Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barrios que manteñen unha identidade propia

Barrios que manteñen unha identidade propia

O barrio da Ponte, en Ourense, foi concello independente ata 1943

O barrio de Bouzas pasou a formar parte de Vigo en 1904

 

G24.gal 25/04/2026 15:30

Foron concellos independentes durante moito tempo ata que pasaron a formar parte do que hoxe son grandes cidades. Falamos da Ponte, en Ourense, ou de Bouzas, en Vigo. Territorios que, a pesares dos cambios sobre o mapa, seguen a manter unha identidade propia, ligada a súa historia e costumes.

O Miño separaba Ourense do muncipio de Canedo. ATa 1943 cruzar a ponte supoñía cambiar de concello. O de Canedo era emintemente rural, formado por unha decena de parroquias, pero cun gran peso económico grazas as infraestruras viarias e sobre todo o ferrocarril que marcou a identidade deste territorio. 

O sentimento propio pervive tamén en Bouzas. Á súa puxanza axudou o porto e a actividade comercial aínda que tamén foi vítima de varios ataques como o de Francis Drake. En 1904 pasa a formar parte do concello de Vigo.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade