Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barreiro non pasa o primeiro corte para xogar o Europeo

Barreiro non pasa o primeiro corte para xogar o Europeo

G24.gal 08/08/2022 20:56

Jonathan Barreiro non estará no Eurobasket. Hoxe o seleccionador Scariolo deu a lista dos descartes e o de Cerceda está nela. Xunto a Barreiro tamén foron cortados Alberto Díaz, Alderete e Miquel Salvó. Agora quedan só dezaoito na lista, polo que de seguro que haberá máis baixas.

Barreiro foi un habitual das ventás FIBA pero a chegada dos xogadores da NBA ou Euroliga que non participaron neses encontros clasificatorios fixeron que o adestrador italiano se decidise por outros compañeiros. O que sí mantén intactas as súas opcións é Alberto Abalde, cada vez máis recuperado das molestias coas que chegou ao comezo da concentración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade