Barra deixará neve no norte de España por riba dos 500 metros
A DXT recomenda aos turistas que adianten a volta da ponte
A mala mar no Cantábrico obriga a desviar a Bilbao un cruceiro con máis de 1.200 persoas a bordo que viaxaba ás Canarias
A cicloxénese Barra afecta dende este martes o norte de España e fixo baixar a cota de neve ata os 700 metros na cordilleira Cantábrica e en Galicia. No Pireneo a cota está en mil metros.
O mércores a situación empeora. No norte atoparemos neve por riba dos 500 metros. E no centro do país, a cota estará nos 600.
Agárdanse nevaradas importantes nos Pireneos, Cordilleira Cantábrica, sistema Central e Ibérico con acumulacións de ata 15 cm en 24 horas.
O vento tamén soprará con máis intensidade así que pasen as horas. Haberá refachos moi fortes na área cantábrica e forte en zonas de montaña de todo o país.
Esta borrasca atravesa a Península en diagonal, dende Galicia a Almería. Así que as chuvias, vento e treboadas que comezaron afectando o norte do país desprazaranse este mércores ata o sueste da península e as Baleares.
Ante esta situación, a Dirección Xeral de Tráfico pediulles aos turistas que estean pasando a ponte no norte do país que adianten no posible a súa volta da ponte. Unha recomendación que non gustou aos hostaleiros.
Con vistas á fin de semana, AEMET prevé tempo estable e anticiclónico en practicamente toda a península.