Publicador de contidos

Publicador de contidos

A expulsión de Brais Méndez facilita o pase do Barcelona a semifinais de Copa

A expulsión de Brais Méndez facilita o pase do Barcelona a semifinais de Copa

Dembelé marcou o único gol do partido ante unha Real que xogou con dez cincuenta minutos

G24.gal 25/01/2023 22:15 Última actualización 25/01/2023 22:53

A Real chegaba ao Camp Nou disposta a dar a sorpresa e continuar á súa grandiosa serie de resultados (nove vitorias seguidas). Tivo máis ocasións o Barcelona, pero os de Donostia non lle perdían a cara ao partido, ata que chegou unha das accións determinantes da eliminatoria. Unha entrada de Brais Méndez, o de Mos, a Busquets custoulle o vermello directo e obrigou ao seu equipo a xogar con dez durante máis de 45 minutos. 

Para colmo de males, na primeira ocasión da segunda parte Dembelé soprendeu cunha gran xogada individual e un lategazo que non agardaba Remiro. 

No 59, A Real Sociedade tivo unha incrible oportunidade para empatar, pero Sorloth, a un metro da portería, rematou por riba do traveseiro. O Barcelona buscou sentenciar a eliminatoria e a Real tivo o outra vez o empate no 88, pero o marcador xa non se moveu.

O Osasuna sorprende ao Sevilla e gáñalle na prórroga

O Osasuna continúa a facer historia e meteuse nunha semifinal de Copa despois de eliminar o Sevilla (2-1) na prórroga. Un gol do Chimy Ávila no 71 puxo o seu equipo moi preto da fazaña, pero no último minuto do engadido En Nesyri empataba para o equipo de Sampaoli.

No tempo suplementario, os locais, levados polo público, sacaron forzas para marcar un segundo gol grazas a unha acción individual de Abde. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar