Barcelona e Atlético gañan con moito padecemento na Champions
O Barça gañou no campo do Porto grazas a un gol de Ferrán Torres
O Atlético tivo que remontar para impoñerse ao Feyenoord (3-2)

O Barcelona non brillou en Porto pero sacou un triunfo (0-1) que o sitúa no máis alto do seu grupo da Champions con dúas xornadas disputadas. Chegoulle cun gol de Ferrán Torres para gañar un encontro en que os de Xavi non estiveron atinados.
¿Regalito? Perfecto para el ataque del tiburón 🦈
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 4, 2023
Está tocado por una varita: Ferran Torres. #LaCasadelFútbol #UCL pic.twitter.com/ZMFfeIXZUg
A presión do Porto foi en aumento conforme pasaban os minutos; nos últimos intres pediron un penalti por mans na área do Barcelona e foilles anulado un gol por fóra de xogo de Taremi.

O Atlético remonta ante o Feyenoord
O Atlético de Madrid pasouno mal porque estivo en dúas ocasións por debaixo no marcador pero acabou impoñéndose ao Feyenoord. Un gol en propia porta de Mario Hermoso contrarrestouno Morata. Volveu adiantarse o equipo dos Países Baixos grazas a Hancko, pero antes do descanso igualou Griezmann. O definitivo 3-2 foi obra de Álvaro Morata.
En el caos y el desorden del área reina el 𝑷𝒓𝒊𝒏𝒄𝒊𝒑𝒊𝒕𝒐.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 4, 2023
⚽️Griezmann empata en el 48.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/HhSq2U4q4N
La 𝐜𝐨𝐦𝐛𝐚 perfecta.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 4, 2023
El 𝐭𝐨𝐪𝐮𝐞 justo.
El gol de triunfo del Atlético de Madrid lo firman Molina y Morata.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/F9VwhHsUOQ