Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barbero salva un punto e mantén o liderado para o Deportivo (1-1)

Barbero salva un punto e mantén o liderado para o Deportivo (1-1)

O dianteiro igualou o tanto de Pau Resta nun partido moi gris

Lucas esvarou e non anotou dende os once metros

G24.gal 16/03/2024 18:50

Deportivo e Sabadell mediron as súas forzas na volta de Óscar Cano ao feudo branco e azul. O resultado, empate a 1.

O partido comezou cun ritmo frenético, no que o Deportivo tentou impoñerse por medio do control do balón. Inda así, foi o conxunto visitante o que gozou da primeira ocasión, cun disparo de Calavera ao pau dende fóra da área. A partir de entón, os herculinos comezaron a dominar o xogo, pero non foron quen de atopar porta. O Dépor tocaba e tocaba pero non xeraba perigo, e á beira do descanso Pau Resta rematou só un centro dende o curruncho e silenciaba Riazor. Os locais buscaron a reacción, pero non houbo tempo. Descanso.

Na segunda metade o Deportivo saíu disposto a empatar o partido, e levou a iniciativa dende o primeiro momento. En só 6 minutos, xerou máis perigo que en todo o primeiro acto. Unha gran xogada de Villares na área, outra de Yeremay e un remate coa testa de Pablo Vázquez foron os achegamentos. Todos ben defendidos pola zaga ou por Adrián Ortolá. A partir de entón, o domino do conxunto local foi rotundo, pero non xeraba situacións claras de gol. No 65', unha boa xogada de Yeremay remata co canario no chan e co colexiado sinalando pena máxima. Contra todo prognóstico, Lucas Pérez esvarou e enviou o balón por riba da portería. Os brancos e azuis seguiron intentándoo e acadaron o empate no 90'. Un centro de Hugo Rama foi ben rematado por Barbero para salvar un punto.

O Deportivo mantén o liderado, pero ve como a súa vantaxe vese recortada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade