Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Banco Santander gañou 2.571 millóns ata marzo, un 1 % máis

O Banco Santander gañou 2.571 millóns ata marzo, un 1 % máis

En España, a entidade gañou 466 millóns, un 27,7 % máis

G24.gal 25/04/2023 08:34

O Banco Santander obtivo un beneficio neto atribuído de 2.571 millóns de euros no primeiro trimestre do ano, un 1 % máis que os 2.543 millóns do mesmo período de 2022, tras pagar 224 millóns polo imposto extraordinario ao sector en España, segundo informou o banco á Comiisón Nacional do Mercado de Valores.

A diversificación xeográfica do Grupo Santander foi unha vez máis unha das claves para lograr estes beneficios. Europa contribuíu ás contas globais nun 42 %; América do Sur, nun 28 %; América do Norte achegou un 22 % e Dixital Consumer Bank, un 8 %.

Por áreas xeográficas, Europa obtivo un beneficio conxunto de 1.189 millóns de euros, un 17 % máis, grazas ao incremento dos ingresos. En España, a entidade gañou 466 millóns, un 27,7 % máis.

Os recursos totais dos clientes aumentaron un 4,8 %, ata os 1,17 billóns de euros, impulsados polos depósitos, que creceron un 6,1 %, ata os 941.081 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade