Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixan as reservas de auga en Galicia: os encoros están xa a menos da metade da súa capacidade

Baixan as reservas de auga en Galicia: os encoros están xa a menos da metade da súa capacidade

Catro dos encoros están por baixo do 20 %

A conca do Miño-Sil rexistra xa o 48,6 %

G24.gal 04/09/2022 13:34

Os encoros en Galicia continúan a súa tendencia descendente e xa baixaron do 50 % da súa capacidade tras perderen outros 23 mil millóns de litros durante a última semana. Os máis de 30 encoros que hai na nosa comunidade contan cunha capacidade de 3.220 hectómetros cúbicos; na actualidade están embalsados 1.599, un 49,66 %.

Hai catro que están por debaixo do 20 % da súa capacidade e, por tanto, son os que máis preocupan. O único nesta situación en Galicia Costa é o encoro Barrié da Maza, no río Tambre, entre os municipios de Negreira e Brión (A Coruña).

Na Confederación Hidrográfica Miño-Sil a situación é máis delicada na conca do río Mao, pero tamén están por debaixo do limiar do 30 % os encoros de Portas e Belesar. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade