Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixa o prezo do peixe tras as festas do Nadal

Baixa o prezo do peixe tras as festas do Nadal

As froiterías tamén están a notar o fin das festas

G24.gal 07/01/2022 20:10

A praza de Lugo, na Coruña, é un magnífico termómtetro de como anda o mercado do peixe. Non hai a demanada dos días de Nadal ou Noitevella e os prezos xa baixaron en xeral, pero o mal tempo no mar non axuda.

Porén as peixerías víanse bastante ben fornecidas. De peixes, o que máis o abadeixo, desde 12 euros/quilo, meigas desde 16 ou robaliza desde 22.

De mariscos, percebe pouco, cigala a 70 euros -cando por Noitevella ía a 140- e podíamos mercar as últimas nécoras da campaña, ou os últimos escasísimos santiaguiños, que tamén entran agora en veda.

O final das festas tamén se nota nas froiterías: moita xente busca poñer o contador a cero tras varios días de comiolas. Tanto hábitos de consumo como prezos nas prazas volven á normalidade tras os excesos das festas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade