Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixan as hospitalizacións pola covid tras unha semana con cifras altas de ingresos

Baixan as hospitalizacións pola covid tras unha semana con cifras altas de ingresos

 Hai 74 persoas menos hospitalizadas en Galicia

No que levamos de maio faleceron 86 persoas infectadas

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña é o que máis pacientes ingresados ten
G24.gal 14/05/2022 13:34 Última actualización 14/05/2022 13:53

A evolución da covid en Galicia mellora segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade. Nas últimas horas hai 74 persoas menos hospitalizadas e descenden os contaxios e os casos activos.

A cifra de hospitalizacións chegou esta semana ao pico máis alto do ano, con 760 persoas ingresadas pero desde o martes foi baixando e nas últimas horas descendeu ata os 633 pacientes, un dato que se aproxima máis á situación que tiñamos antes do pico da Semana Santa.

A área da Coruña segue sendo a que rexistra máis presión hospitalaria tanto en planta, con 152 ingresados, coma nas UCI, con 12. 

O dato total de pacientes críticos aumentou notablemente desde o luns, canto había 12. Hoxe son 25.

Falecementos

A Consellería de Sanidade notificou 17 falecementos de persoas coa covid rexistradas nos últimos tres días. No que levamos de mes finaron 86 persoas infectadas.

En canto aos contaxios hai 1.161 casos novos de persoas en seguimento médico. A incidencia acumulada nos últimos 14 días en maiores de 60 anos supera os 1.250 casos por cada 100.000 habitantes desta idade e continúa por enriba da media estatal.

Os casos activos superan lixeiramente os 15.000. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade