Publicador de contidos

Publicador de contidos

Modérase a inflación en abril unha décima máis do esperado, ata o 8,3 %

Modérase a inflación en abril unha décima máis do esperado, ata o 8,3 %

O IPC reduciuse máis do agardado debido á baixada da luz e dos carburantes

O INE mantén no 4,4 % a inflación subxacente, que non inclúe nin alimentos frescos nin enerxía

G24.gal 13/05/2022 09:06 Última actualización 13/05/2022 10:56

A inflación situouse no mes de abril, en España, no 8,3 %, unha décima menos do dato adiantado polo Instituto Nacional de Estatística. Esta caída do IPC é consecuencia da baixada dos prezos da electricidade e dos carburantes.

A taxa xeral non caía tanto nun só mes desde xaneiro de 1987, hai máis de 35 anos, mentres que a inflación subxacente, que non inclúe nin alimentos frescos nin enerxía, mantense no 4,4 %, un punto máis que hai un ano e a máis alta desde decembro de 1995.

A inflación levaba 13 meses á alza, desde marzo de 2021, unha senda só interrompida en xaneiro, cando se moderou 4 décimas (ao 6,1 % interanual), e agora no mes de abril.

Sen ter en conta as últimas variacións de impostos, a inflación interanual sería do 9,3 % en abril, un punto máis que o IPC xeral, segundo explica o INE.

Os prezos que máis subiron en abril foron "outros aceites", un 96,2 %; os combustibles líquidos, un 95,7 %; os hoteis e hostais, un 50,5 %; o aceite de oliva, un 42,5 %; e a electricidade, un 34,9 %.

Por contra, os prezos que máis baixaron foron os aparcadoiros (-20,4 %), os equipos de telefonía móbil (-3,8 %), os equipos audiovisuais (-2,7 %), as pezas de vestir de bebé e neno (-2 %) e os xogos e afeccións (-1,5 %).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade