Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fórmula 1 do mar converte Baiona en foco mundial da vela e do turismo náutico

A Fórmula 1 do mar converte Baiona en foco mundial da vela e do turismo náutico

Comerciantes e hostaleiros din que notan a presenza de moitos visitantes que é clave para a súa economía

G24.gal 19/05/2022 14:45

Barcos con tecnoloxía de vangarda, a Fórmula 1 do mar. A súa chegada converte Baiona en foco mundial da vela e do turismo náutico.  Segundo explica o vicepresidente do Monterreal Club de iates de Baiona o parador xa está pechado para albergar as tripulacións e non hai prazas nos hoteis e restaurantes da zona.

Comerciantes e hostaleiros din que notan a presenza de moitos visitantes que é clave para a súa economía. Segundo a organización este evento move entre dous e tres millóns de euros na comarca.

Esta regata trae parellas outras ofertas de lecer como a posiblidade de seguir a competición en barcos por tan só 15 euros. 

A posibilidade de visitar estes días a réplica dunha fragata rusa, os seus atractivos habituais e as boas previsións meteorolóxicas converten Baiona nunha das apostas de lecer máis demandadas para esta fin de semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade