Publicador de contidos
Publicador de contidos

Babet inaugurou con forza o tren de borrascas

Babet inaugurou con forza o tren de borrascas

Deixou refachos de 142 km/h en Fisterra e acumulou 90 litros no Xurés

G24.gal 17/10/2023 21:30 Última actualización 17/10/2023 22:04

Estabamos sobre aviso, e a primeira gran borrasca do outono cumpriu cos perigos que se lle supoñían. O Atlántico xa espertou o martes con potencia propia do outono. E arrancaba o tren de borrascas. 

Da Costa da Morte ata A Guarda, o vento do sur e o mar de fondo traballaron de forma conxunta para seren protagonistas do día. E toda Galicia acabou afectada. A Coruña foi preparando a duna para protexer o paseo marítimo, en Lugo ou en Santiago houbo que pechar parques, en Vigo o vento danou algún edificio e afectou voos en Peinador. 

Comezou o desfile de borrascas. E fíxoo cando acabamos de pasar o que foi o terceiro verán máis caloroso dos últimos 60 anos en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar