Publicador de contidos

Publicador de contidos

Axentes da Garda Civil sálvanlle a vida a un neno que se atragoaba na rúa en Huelva

Axentes da Garda Civil sálvanlle a vida a un neno que se atragoaba na rúa en Huelva

Practicáronlle a manobra de Heimlich ao menor que tiña síntomas de asfixia

G24.gal 07/11/2021 14:30

A rápida actuación de tres axentes da Garda Civil de Huelva logrou salvarlle a vida a un neno de 6 anos que se atragoaba na rúa tras inxerir unha lambetada.

A nai do pequeno chegou correndo ata o cuartel descalza, co menor en brazos e pedindo auxilio. Os axentes, un deles fóra de servizo, prestáronlle axuda.

O neno tiña síntomas de asfixia en estado inconsciente e emanaba mucosidade pola boca. Tras eliminar posibles obstrucións nas vías respiratorias. Un dos axentes practicoulle a manobra de Heimlich. Deseguido o menor comezou a respirar de xeito gradual.

A Garda Civil informou de que o pequeno inxeriu na súa casa unha lambetada que lle produciu o afogamento. A nai que estaba soa decidiu saír á rúa e pedir auxilio que lle prestaron os axentes que a atoparon.

Os servizos sanitarios manifestaron que a rápida actuación dos axentes salvoulle a vida o neno que foi examinado pouco despois no Hospital de Huelva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar