Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un grupo de excursionistas avistan un oso nos Ancares

Un grupo de excursionistas avistan un oso nos Ancares

Viron o animal cando ascendían ao Corno Maldito

G24.gal 22/05/2022 20:59 Última actualización 22/05/2022 21:20

Un grupo de corenta sendeiristas que camiñaban polos Ancares viron un oso cando ascendían ao Corno Maldito. Dous deles, German e Alejandro, aseguran que xa é a segunda vez que se topan cun exemplar.

A presenza do oso en Galicia constátase dende hai anos. Óscar é veterinario e estivo catro anos no Proxecto Life Oso Courel. Agora colabora coa Asociación Galega de Custodia do territorio e traballa na Fundación Oso Pardo. 

Esta organización publicou un vídeo para explicar como actuar no caso de toparse cun oso no monte. Con todo, o encontro é difícil que se produza e, como aconteceu neste caso, os animais salvaxes tenden a fuxir das persoas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar