O temporal costeiro deixa ondas de ata 12 metros de altura no litoral da Coruña
Un mozo case é arrastrado polas forte ondas en Punta Herminia por non respectar a distancia de seguridade
As previsións apuntan a que o domingo continuarán as condicións adversas na costa
Galicia comeza a fin de semana con aviso laranxa en todo o litoral por ondas de máis de 5 metros e por fortes ventos. Na cidade da Coruña precintaron as praias urbanas e as zonas próximas á costa para evitar accidentes.
Conforme os datos de Portos do Estado, as balizas situadas en distintos puntos da costa recolleron varios momentos en que as ondas superaron os sete metros de altura. O punto de maiores ondas da xornada situouse na costa da Coruña, onde a boia situada en Langosteira captou unha onda que rozou os 12 metros de altura.
Ademais, baixan as temperaturas. Xa esta madrugada os termómetros marcaron seis graos baixo cero en Calvos de Randín. En Verín ou Manzaneda estiveron a menos 4.
O aviso laranxa continuará activo na costa galega, influenciada polas borrascas atlánticas, ata o domingo pola noite.