Cargando resultados...
Activado o aviso amarelo pola friaxe no sur da provincia de Ourense
Verín, con 7 graos baixo cero, rexistrou a temperatura máis baixa
G24.gal
22/01/2022 16:01
Última actualización 20:00
Xornada moi fría no interior de Galicia. Ata as 9 da mañá Meteogalicia mantivo activo un aviso amarelo por temperaturas inferiores aos catro baixo cero no sur da provincia de Ourense.
Os termómetros baixaron en Verín ata os 7 graos negativos. En Xinzo de Limia e na cidade das Burgas quedaron nos 3 baixo cero.
Polo de agora segue o tempo frío. De feito, esta medianoite Meteogalicia activa, de novo, o aviso amarelo na mesma zona.