Cargando resultados...
Aviso amarelo na montaña de Lugo e Ourense por acumulacións de neve
Temperaturas moi baixas na montaña: -2,4 graos en Manzaneda, a mínima de Galicia
G24.gal
22/04/2022 13:40
Coa primavera ben avanzada, é a segunda vez esta semana que a estación de Manzaneda se tingue de branco.
Non se pode esquiar, non ten o espesor nin a consistencia necesaria, pero si devolveu o aspecto invernal ás montañas.
Nevou por riba dos 1.200 metros e tamén foi na alta montaña onde se rexistraron as temperaturas máis baixas: -2,4 graos en Manzaneda, a mínima de Galicia, -2 en Xares (A Veiga), ou -1 en Pedrafita.
O aviso amarelo por acumulacións de neve de 5 cm por riba dos 1.200 metros mantense activo ata esta medianoite. Hai só unha semana, na Conca do Miño, rexistrábanse máximas de ata 30 graos.