Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ávila é a provincia máis afectada polos incendios forestais esta fin de semana

Ávila é a provincia máis afectada polos incendios forestais esta fin de semana

Tres grandes incendios permanecen activos nos montes abulenses

A proximidade dos incendios obrigou a cortar o tráfico ferroviario entre Ávila e Madrid

Centos de veciños de Ávila tiveron que ser evacuados pola proximidade do lume
G24.gal 09/08/2025 19:52

O centro e o sur de España rexistran este sábado os incendios máis preocupantes. A situación é especialmente dura na provincia de Ávila, con tres grandes lumes activos.
Centos de veciños de San Bartolomé de Pinares, en Ávila, permanecen desaloxados pola proximidade dun incendio que xa queimou case seiscentas hectáreas. Unha situación similar viven os habitantes de Navas do Marqués, tamén en Ávila, onde o concello recomendou non sair ás rúas. 

A proximidade dos incendios obrigou a cortar o tráfico ferroviario entre Ávila e Madrid

O terceiro incendio que afecta ás terras abulenses é o da zona das Cinco Villas, onde o lume arrasou 2.200 hectáreas. A situación obrigou a cortar o tráfico ferroviario entre Ávila e Madrid.
Outros lumes destacables desta fin de semana afectan a montes de Toledo, Guadalaxara, Aranxuez, Cádiz e Cidade Real.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade