Publicador de contidos

Publicador de contidos

Avanzan as obras para transformar en autovía cinco quilómetros máis do corredor Santiago-Noia

Avanzan as obras para transformar en autovía cinco quilómetros máis do corredor Santiago-Noia

Os traballos de desdobramento da vía entre Brión e Urdilde estarán rematados o ano que vén

A Xunta inviste 11,2 millóns de euros

G24.gal 05/08/2026 14:54

Polo corredor Santiago-Noia pasan cada día uns 13.000 coches. Dende que se abriu ao tráfico, xa se prevía a súa transformación en autovía e trabállase agora no desdobramento dos carrís nos primeiros cinco quilómetros, entre Brión e Urdilde.

A Xunta inviste máis de once millóns de euros. "Sae, aproximadamente a dous millóns de euros por quilómetro, cando nunha autovía nova a pagamos a seis millóns quilómetro", detalla Ricardo López Escapa, xefe de Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas. 

No seu momento, xa se reservou o terreo para as futuras ampliacións, e iso supón aforro, de cartos e de tempo. Prevese que as obras rematen o ano que vén.

Segundo Ricardo López, xefe de Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas, "telo previsto permítenos reducir os prazos de execución á metade, e diminuír a afección aos lindeiros".

Si houbo que cortar os ramais de entrada e saída de Urdilde en sentido Santiago. Volverán abrirse a finais deste mes de agosto.

Estes cinco quilómetros sumaranse aos outros doce que xa ten a autovía AG-56 que sae de Santiago, acurtando así distancia con Noia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade