Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan os hortos urbanos en balcóns, terrazas e terreos das cidades galegas

Aumentan os hortos urbanos en balcóns, terrazas e terreos das cidades galegas

G24.gal 27/01/2022 15:48

Cada vez, máis xente decide cultivar o que leva á boca.

Plantacións en parques, patios solleiros de vivendas, azoteas e incluso nos chamados armarios de cultivo, que están no interior das casas que non teñen a sorte de dispoñer dun espazo aberto. Estes pequenos hortos urbanos están a mudar a decoración dos balcóns das cidades. A agricultura xa non está reservada para zonas rurais.

As tendas agrícolas están a notar que aumenta o número de particulares que mercan produtos e piden asesoramento como conta Carlos Regueiro dunha agrotenda.

"Aproveitan o seu balcón, compran un testo, unha pouca terra e cultivan o máis básico e doado: leitugas, repolos, amorodos... porque iso podes poñelo nunha esquiniña e, ademais, medra axiña e os nenos queren ver algo que creza rápido. Piden asesoramento os que empezan aínda que moitos xa o ven por Internet e cos titoriais xa veñen moi aprendidos". 

Detrás desta decisión hai diversos motivos como o incremento dos prezos nos alimentos e o medo aos produtos contaminados con augas residuais. Tamén, a maioría, ademais do aforro, valoran este tipo de consumo máis social, sostible e saudable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade