Aumentan os horarios de autobuses a Ourense coa chegada do AVE
Haberá 134 liñas de bus semanais que conectarán Ourense con Lugo, Pontevedra e Vigo
Renfe tamén aumenta as frecuencias desde Vigo
Os horarios de 134 liñas de autobús entre Ourense e outras cidades galegas terán un reaxuste a partir deste martes coa entrada en servizos da liña de alta velocidade ferroviaria entre Madrid e Galicia, informa a Xunta nun comunicado.
Precisa que as cidades sen conexións ferroviarias terán un horario de autobuses reforzado en combinación cos horarios de trens procedentes de Madrid con destino a Ourense e viceversa.
Así, haberá 134 liñas de autobuses semanais de Ourense coa cidade de Lugo, ademais de con Pontevedra e Vigo, das cales 15 de novo servizo. Un total de 57 liñas terán modificacións e as outras 62 permanecerán sen cambios.
No caso de Lugo as liñas de autobús adaptaranse ás saídas e chegadas de seis trens diarios Ourense-Madrid de luns a venres -tres de ida e outros tres de regreso- e os sábados e domingos en combinación con outros tres trens diarios.
En Pontevedra haberá os días laborais cinco liñas de autobús vinculadas aos horarios de trens da estación de Ourense e outras dúas as fins de semana e festivos
Pola súa banda, Vigo contará con doce liñas diarias de ligazón con Ourense de luns a venres, cinco os sábados e catro os domingos, segundo a Xunta.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade salienta a importancia de dotar a conexión en tren entre Galicia e Madrid dunha oferta de servizos que permita obter o máximo rendemento da nova infraestrutura.
Así mesmo, reitera a necesidade de que Renfe poña en servizo canto antes os trens Avril de ancho variable para que o AVE chegue tamén ás cidades de Santiago, A Coruña, Pontevedra ou Vigo e lograr tempos de viaxe competitivos.
Horarios nos días laborais
• Vigo - Pontevedra - Ourense
Autobús Vigo 5:15 h, Ourense 6:15 h / AVE 6:30 h, Madrid 8:45 h
Autobús Vigo 8:45 h, Ourense 10:30 h / ALVIA 11:02 h, Madrid 13:42 h
Autobús Pontevedra 9:00 h, Ourense 10:45 h / ALVIA 11:02 h, Madrid 13:42 h
Autobús Vigo 11:45 h, Ourense 12:50 h / ALVIA 12:58 h, Madrid 16:06 h
Autobús Vigo 15:30 h, Ourense 16:45 h / ALVIA 17:33 h, Madrid 20:18 h
Autobús Vigo 18:45 h, Ourense 20:25h / ALVIA 20:47 h, Madrid 23:26 h
Autobús Pontevedra 19:00 h, Ourense 20:35 h / ALVIA 20:47 h, Madrid 23:26
• Ourense - Pontevedra - Vigo
ALVIA Madrid 8:00 h, Ourense 10:35 h / Autobús Ourense 10:40 h, Vigo 11:45 h
AVE Madrid 10:00 h, Ourense 12:15 h / Autobús Ourense 13:00 h, Pontevedra 14:45 h
AVE Madrid 10:00 h, Ourense 12:15 h / Autobús Ourense 13:00 h, Vigo 14:35 h
ALVIA Madrid 14:30 h, Ourense 17:08 h / Autobús Ourense 17:15 h, Pontevedra 18:55 h
ALVIA Madrid 16:00 h, Ourense 18:39 h / Autobús Ourense 19:15 h, Vigo 20:25 h
ALVIA Madrid 17:45 h, Ourense 20:48 h / Autobús Ourense 21:00 h, Vigo 22:35 h
AVE Madrid 20:35 h, Ourense 22:50 h / Autobús Ourense 23:00 h, Vigo 00:05 h
• Lugo - Ourense
Autobús Lugo 5:00 h, Ourense 6:15 h / AVE 6:30 h, Madrid 8:45 h
Autobús Lugo 14:15 h, Ourense 16:00 h / AVE 16:25 h, Madrid 18:40 h
Autobús Lugo 18:45 h, Ourense 20:30 h / ALVIA 20:47 h, Madrid 23:26 h
• Ourense - Lugo
ALVIA Madrid 8:00 h, Ourense 10:35 h / Autobús Ourense 11:20 h, Lugo 13:02 h
ALVIA Madrid 16:00 h, Ourense 18:36 h / Autobús Ourense 19:00 h, Lugo 20:40 h
Renfe dobra as frecuencias desde Vigo
Renfe dobra as frecuencias desde hoxe, en total son oito conexións coa capital, catro directas e as outras catro con enlace, é dicir con trasbordo en Santiago. As catro viaxes directas saen desde esta estación de Urzáiz cunha duración da viaxe de catro horas e dezaseis minutos ata a capital. Para moitos segue a ser insuficiente, malia o aumento das frecuencias e a redución dos tempos, os usuarios reclaman a alta velocidade para a cidade olívica.