Aumentan as vendas de marisco para conxelar, pensando no Nadal
Hai produtos que no Nadal poden chegar a triplicar o seu prezo
Moitas destas centolas sairán deste mercado para ir directos ao conxelador. Aí pasarán as próximas semanas. Serán parte do menú do Nadal
"130 quilos trouxen, e xa non quedan", comenta unha praceira.
Porque conxelar xa é a opción que moitos escollen pare evitar a escalada de prezos en vésperas das festas
Se conxelamos ben, a calidade non ten porque variar
"Cun pano, envolto na auga de cocelo, e despois en plástico ben empaquetado".
Por exemplo, puidemos mercar centola por 25 euros o quilo ou camarón dende 60. E estes prezos xa non serán os mesmos en apenas un par de semanas
"Hai produtos que soben entre o dobre e o triplo. Outros soben vinte ou trinta euros máis na mesa", apunta un vendedor
Así que ser previsores na mesa, tamén pode servirnos para intentar aforrar.