Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan a 60 os detidos pola fabricación de narcolanchas en Galicia e Portugal

Aumentan a 60 os detidos pola fabricación de narcolanchas en Galicia e Portugal

A Garda Civil comisou 47 desas embarcacións, coas que se introducía haxix en España polo Estreito de Xibraltar

G24.gal 23/06/2022 20:16

Aumentan ata 60 os detidos pola fabricación de narcolanchas en Galicia e no norte de Portugal.

A Garda Civil desmantelou a organización, que traballaba no interior dunha nave industrial de Cotogrande, en Vigo, e que tiña ramificacións en Monção e Valença.

Durante o operativo comisáronse 47 destas embarcacións, que se utilizaban para introducir alixos de haxix polo Estreito de Xibraltar.

O xuíz acaba de enviar a prisión cinco detidos, dos sete que pasaron hoxe a disposición xudicial. Os outros dous quedaron en liberdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade