Publicador de contidos

Publicador de contidos

O emprego no sector turístico supera ao de antes da pandemia

O emprego no sector turístico supera ao de antes da pandemia

É un 22 % máis ca en abril do ano pasado

En Galicia, o aumento tradúcese en case 12.000 traballadores máis

G24.gal 19/05/2022 21:24

España consegue superar xa o número de empregados de antes da pandemia no sector turístico, son un 22 % máis que en abril do ano pasado. En Galicia o aumento tradúcese en case 12.000 traballadores máis que no mesmo mes de 2020. O groso das afiliacións queda na hostalería, que supón case o 67 % dos empregos no sector. 

Os empresarios agardan que isto sexa o comezo dunha boa tempada turística. A Semana santa serviu para facerse unha idea de como será xa o verán en canto a movemento e ocupación no sector. O presidente da Federación de hostalería da Provincia de Pontevedra, César Ballesteros, explica que as expectativas son de moito movemento en Galicia, pero apunta que os datos de contratación habería que comparalos con anos previos á pandemia.

Aumenta a demanda de traballadores, sobre todo na hostalería. Marisol Saco Arias, Consultora Senior en Randstad, apunta que dende Semana Santa notaron un grande aumento de profesionais, pero apunta que hai problemas para atopa traballadores con experiencia, porque moitos, coa pandemia, decidiron cambiar de sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade