Cheo ao completo nos establecementos hostaleiros da Mariña
Moitos hoteis, cámpings e hostais hai meses que xa teñen esgotadas as reservas para esta data
Os hoteis da Mariña non lembran un cheo igual.
"É incrible, pero é un acontecemento único", comenta a xerente do Hotel As Sirenas de Viveiro.
Dá o memso hoteis, hostais, cámpings ou alugueiros turísticos. Hai meses que están ao completo na costa de Lugo.
"Ao mellor dende febreiro xa está todo reservado porque vén xente de todo o mundo e fai a reserva con moita previsión". "Xa levamos dende xaneiro coa maioría dos apartamentos reservados" din hostaleiros de Ribadeo.
Algúns, levando a anticipación ao límite.
"Hai dous anos que nos chamou unha axencia inglesa para facer reservas", contan dende o Hotel Urban de Viveiro.
Completo nos hoteis da costa pero tamén nas localidades de interior. Porque practicamente toda a provincia de Lugo vai estar na zona de sombra. En Lugo cidade, ocupación completa. Aínda así segue habendo quen acorda a última hora.
"Sempre hai xente de última hora Nos temos unha lista de espera por si hai algunha anulación avisar aos interesados", di Alba Álvarez, directora do hotel EsteOeste de Lugo.
Sorte para o que estea nesa situación pero, mal día para improvisar.