Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coidado coas supersticións e falsas crenzas sobre a eclipse

Coidado coas supersticións e falsas crenzas sobre a eclipse

Hoxe en día sabemos que se trata dun fenómeno astronómico que nada ten que ver con deuses enfadados, con demos ou coa apocalipse, pero, aínda así, hai moitas falsidades que chegaron ata os nosos días

G24.gal 12/08/2026 14:01

Durante milenios as eclipses estiveron rodeadas de mitos, supersticións e malos agoiros; todos eles propiciados pola desinformación que había sobre o tema. Hoxe en día sabemos que se trata dun fenómeno astronómico que nada ten que ver con deuses enfadados, con demos ou coa apocalipse, pero aínda así hai moitas falsidades que chegaron ata os nosos días. 

Unha señora comentounos que é moi común en todas as culturas asociar a eclipse coa fin do mundo, cunha enfermidade ou con algún tipo de mal. Outros din que da mala sorte ou que se asocia aos demos e ás meigas.

Tamén hai xente que cre que a eclipse pode afectar negativamente á saúde. Hai quen ten a falsa crenza de que a radiación  pode afectarlle negativamente ou que as mulleres embarazadas non deben saír da casa porque poden acabar perdendo o fillo que esperan. 

Outros cren que deste fenómeno pode traer boa ou mala fortuna. Unha muller asegura que coñece a xente que fará conxuros durante a eclipse para atraer a boa sorte.

Dos que asocian a eclipse coa boa fortuna debe de haber moitos xa que nalgúns sitios de apostas o número coa data da eclipse está completamente esgotado tal e como nos confirmou un vendedor da ONCE.

Sexan cousas positivas ou negativas hai que lembrar que todo isto son supersticións e que non hai ningunha base científica que as apoie. Ver a eclipse é completamente seguro sempre e cando o fagamos cunhas lentes homologadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos