Aumenta a demanda de xeradores eléctricos polo medo a un apagamento
O Goberno e os expertos descartan un apagamento xeneralizado
A campaña de países como Austria ou A China alertando dun posible apagamento eléctrico espertou a curiosidade, a incerteza e tamén o medo de moitos.
"Veñen preguntando de cara a un apagamento que podo empregar. Digamos que hai medo con isto que din en Austria".
O Goberno e os expertos din que un grande apagamento de varios días é improbable.
"Un apagamento a nivel mundial non vai pasar, a probabilidade é moi baixa. Hai países que non teñen capacidade de produción de bens básicos como os alimentos", di Miguel Ángel Otero, director do Máster de Comercio Exterior da USC.
Pero nas tendas foi aumentando a demanda de pequenos útiles como candeas, pilas e lanternas, pero destaca a consulta e a venda de xeradores eléctricos.
"Preguntar características, prezos, cal sería a capacidade para unha casa. Hai máis consultas e nós facemos máis abastecemento dado que xa se venderon algúns", conta Verónica Corral, que é a encargada dunha ferraxería.
Tamén hai quen busca xa alternativas para cociñar. "Nun domicilio onde non podes empregar un xerador terías que usar un cámping gas ou fornelos e a xente comeza a preguntar ante un posible caso de apagamento", conta Verónica Corral, que é a encargada dunha ferraxería.
Auga, alimentos non perecedoiros, unha radio e diñeiro en efectivo completan o que algúns definen como equipamento de supervivencia, un concepto que nunca se buscara tanto nos últimos 5 anos.