Mingua a oferta da vivenda en alugueiro e os prezos soben ata un 20 %
Estudantes e traballadores teñen dificultades para atopar piso
A Federación Galega e Empresas Inmobiliarias alerta de que hai menos oferta de alugueiro ca nunca
Nas sete cidades galegas hai pouco máis de 2.100 vivendas en alugueiro, segundo datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias. Os motivos, segundo explica unha inmobiliaria de Lugo, son, por un lado, que hai propietarios que recean de poñer as súas casas en alugueiro por temor a impagos, e por outro que aumentan os alugueiros turísticos. A consecuencia é que estudantes e traballadores non atopan piso.
"A xente, moita dela está desesperada porque chega o un de setembro, empezan as clases ou teñen que vir traballar porque os destinan aquí a Lugo e non teñen onde quedarse", explican.
Ademais, cada vez se opta menos pola vivenda en propiedade, o que aumenta a demanda do aluguer. "Igual arredor dun 15 ou un 20 por cento. Pisos, apartamentos que antes estaban a 400 ou 450 euros igual ahora están a 500 ou 550. Unha subida moi alta, si", afirma Asier Borja López.
Segundo a Federación Galega, hai 3.900 vivendas para alugar e toda a comunidade, menos ca nunca.