Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home de 74 anos tras ser atropelado en Sarria

Morre un home de 74 anos tras ser atropelado en Sarria

Foi arrolado por un vehículo na rúa de Diego Pazos

G24.gal 05/03/2025 09:09

Atropelo mortal en Sarria.  Un veciño de Sarria de 74 anos faleceu tras ser atropelado na rúa de Diego Pazos. O accidente ocorreu uns dez minutos antes das 22:30 horas da noite de onte, cando un particular alertou o 112 Galicia dun accidente. Segundo indicou, parecía grave.

Os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso rapidamente ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e á Garda Civil. As urxencias sanitarias mobilizaron unha ambulancia para trasladar a vítima, que faleceu practicamente no intre.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade