Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atravesan España en cabalo galego de monte

Atravesan España en cabalo galego de monte

Reivindican os garranos e difunden a espondilite anquilosante

G24.gal 19/05/2023 12:58

A carón da praia da Ribeira, en Baiona, comezou o periplo de Adrián. Canda el, o freelancer Luis Piñero e o home de apoio Damián Rodríguez e os tres cabalos: Galo, Grelo e Amudú. A viaxe vaise facer en dúas quendas: a primeira rematará a última fin de semana de maio en Salamanca. E o destino final será Tarifa xa en outono.

Dar visibilidade á artritre reumatoide é un dos obxectivos da viaxe pero tamén ao cabalo galego de monte que leva vivindo na serra da Groba desde hai 5.000 anos como acreditan os petróglifos de Outeiro de Lamas. Os garranos foron no seu tempo animais moi prezados polas súas crinas e pola resistencia no traballo ou como medio de locomoción ou maquinaria agrícola. Adrián e Luís seguen confiando na súa valía, compáranos con outros animais doutras culturas máis queridos e respectados ca os nosos. 

A viaxe pódese seguir no instagram de Finca Moreiras, o criadeiro de Adrián, e cando Luís remate o documental, tentarán vendelo a algunha canle de televisión ou a unha web.

Os implicados confían na resistencia destes animais, que non son tan esveltos coma outros, pero si máis resistentes e nobres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar