Prenden o autor de tres roubos cando se dispuña a cometer o cuarto
As autoridades buscan no Salnés o asaltante dunha botica de Vilanova de Arousa
En menos dun mes un home roubou en dúas tendas e nunha farmacia de Oleiros, pero no cuarto atraco pillárono.
A Garda Civil detívoo durante o asalto a outra farmacia en que, coma nas ocasións anteriores, intimidou o persoal cun coitelo de grandes dimensións.
Un vídeo, que corresponde ao roubo da primeira farmacia este domingo, facilitou a súa identificación pola roupa que vestía.
Levaba un pucho negro, unha máscara medio baixada, o que contribuíu a identificalo, un chaquetón caqui e unhas zapatillas azuis que tamén axudaron a recoñecelo, asegura Alberto Ureña, titular da farmacia de Santa Cruz.
O home con antecedentes por outros roubos, xa ingresou na cadea.
Os que aínda andan ceibos son os dous atracadores da farmacia de Baión, en Vilanova. Para o asalto usaron unha pistola que, segundo a Garda Civil, era simulada. Tamén eles actuaron ocultando a faciana con capuchas e máscaras. Tras o roubo fuxiron do lugar a pé.