Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atracan unha sucursal bancaria do Porriño cunha pistola e un coitelo

Atracan unha sucursal bancaria do Porriño cunha pistola e un coitelo

Os atracadores fuxiron a pé cun botín que aínda se decoñece

Non houbo que lamentar ningún ferido durante o atraco

G24.gal 06/10/2023 14:36

Eran as dúas e media do mediodía e, aproveitando a parada para comer dos operarios dunha obra, dous individuos entraban nunha sucursal de Abanca do Porriño. Moi poucos veciños sabían o que estaba a pasar.

Tratábase dun atraco, aínda que os ladróns pasaron desapercibidos, xa que utilizaron roupa de traballo para facerse pasar por traballadores da obra que se realiza na contorna da entidade bancaria; ademais, tamén levaban máscaras. 

Unha vez dentro da entidade bancaria, a cousa pasou a maiores. Ameazaron o persoal da sucursal cunha pistola, real ou simulada, e un coitelo de grandes dimensións, ata que recibiron os cartos e fuxiron do lugar a pé. Os clientes dun ximnasio lindeiro co banco non se decataron de nada. Explican que viron chegar coches de policía e da Garda Civil pero non imaxinaban o que acababa de pasar na oficina de Abanca.

A Garda Civil continúa tras a pista dos ladróns que aproveitando a boa situación da sucursal poderían fuxir cara a moitos destinos, o máis probable, Portugal. A cantidade de cartos tamén se descoñece. Os veciños aínda non creen o ocorrido porque é unha zona tranquila.

Agora queda en mans das Forzas do Estado deter os ladróns e recuperar o botín, para facelo están intensificando os controis de tráfico pola zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar