Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atraca na Coruña o Valiant Lady na súa viaxe inaugural

Atraca na Coruña o Valiant Lady na súa viaxe inaugural

O transatlántico é propiedade da empresa do magnate Richard Branson

G24.gal 23/03/2022 17:12

Hoxe atracou na Coruña o Valiant Lady, propiedade da empresa do magnate británico Richard Branson. Esta é a súa viaxe inaugural e a cidade herculina é a súa primeira parada en España. 


Este transatlántico, que é só para adultos, ten capacidade para 2.000 pasaxeiros e unha viaxe pode custar por riba dos 2.000 euros. O Valiant Lady, con 278 metros de eslora, ten 17 cubertas e máis de 1.100 tripulantes.

"Este barco ten vinte restaurantes e 24 bares tamén para beber e ten ademais unha discoteca para bailar e un teatro grande. Está moi bonito", di un dos tripulantes do buque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar