Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen o home dunha das falecidas nos estraños incendios de Valladolid

Deteñen o home dunha das falecidas nos estraños incendios de Valladolid

Foi arrestado por agredir dous matrimonios de anciáns no intento de entrar nas súas casas o día dos incendios

A Policía encontrou tres cadáveres no interior de dúas vivendas que arderan; el era a parella dunha das falecidas

G24.gal 13/08/2022 22:31 Última actualización 14/08/2022 17:09

A Policía Nacional investiga a relación dun home de 43 anos, veciño de Valladolid cos estraños incendios nos que se atoparon tres cadáveres, dous con indicios de morte violenta. O sospeitoso era parella dunha das falecidas e detivérono o sábado como suposto autor da agresión a dous matrimonios de anciáns ao intentar entrar nas súas casas.

Os cadáveres apareceron en dúas vivendas próximas a onde se declararan senllos incendios.

Apagadas as lapas, nunha das casas localizáronse os cadáveres dunha muller de 78 anos e da súa filla, de 54, unha delas con feridas de arma branca. Na outra vivenda, atoparon un home de 72 anos tamén acoitelado.

 O detido estaba casado coa muller de 54 anos que apareceu morta canda a súa nai nunha das casas. Os axentes cren que o incendio foi intencionado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar