Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan en Sober unha ficha de xogo da época romana

Atopan en Sober unha ficha de xogo da época romana

Unha figura redondeada de pedra utilizaríase como ficha dun xogo de mesa similar ao tres en raia e ás damas

Un achado realizouse xunto aos restos dunha construción que podería ser unha vivenda daquela época

G24.gal 08/10/2025 13:26

Como se dun xogo se tratase, entre as escavacións e os traballos dun grupo de arqueólogos, apareceu nun xacemento de Proendos, en Sober, unha pedriña diminuta con moita información que espertou o seu interese.

Unha ficha de xogo pertencente ao século I despois de Cristo. E o lugar onde se atopou é nun asentamento romano onde levan anos traballando nunha construción con varias estancias similares ás dunha vivenda. Alí é onde poñían en práctica as súas habilidades co xogo sobre taboleiros  moi similares ao tres en raia ou ás damas.

Eran quizais os momentos de esparexemento que tiñan tras unha dura xornada de traballo. Xa que ao lado desta posible vivenda está un hórreo de grandes dimensións a onde levaban o gran para posteriormente vendelo dentro e fóra de Galicia. 

Este xoves á tarde, a carón da igrexa de Proendos, onde están estes xacementos, porán en marcha unha visita guiada de balde. Queren mostrar estes achados para dar a coñecer un lugar con moita historia romana. Agora, céntranse nas tarefas de consolidación e musealización para que este patrimonio poida visitarse durante todo o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade