Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Salvaterra de Miño aparece morto no seu coche en Ponteareas

Un veciño de Salvaterra de Miño aparece morto no seu coche en Ponteareas

O coche envorcou pero non se sabe cando

ANA LOIS 15/12/2021 20:52

En Ponteareas localizaron esta tarde un home morto dentro do vehículo que conducía,  preto da parroquia de Cristiñade, nunha pista de terra no lugar do Puño. 

O finado era veciño de Salvaterra de Miño e tiña 67 anos.

O seu coche precipitouse por un terraplén desde a estrada e caeu uns 25 metros, posiblemente o martes, nunha zona de bosque. Alí o encontrou ás cinco e media da tarde un veciño e avisou os servizos de emerxencia, que, desprazados ata o lugar, só puideron certificar a morte.

Para coñecer o momento do accidente, practicaráselle  unha autopsia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade