Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan un cadáver na contorna dunha praia de Alcabre, en Vigo

Atopan un cadáver na contorna dunha praia de Alcabre, en Vigo

Polo momento descoñécese a identidade da persoa falecida e as causas da morte

Foto: GoogleMaps Foto: GoogleMaps
G24.gal 07/12/2022 14:25

A Policía Nacional comunicou a aparición un corpo sen vida nunha praia situada no barrio de Alcabre da cidade de Vigo.

Segundo informaron fontes policiais, axentes da Unidade Científica do devandito corpo de seguridade desprazáronse ata a zona tras o achado.

O corpo sen vida foi trasladado ao Hospital Nicolás Peña, lugar onde se levará á cabo a autopsia. Polo momento descoñécese a identidade da persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade