Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan sen vida a moza desaparecida en Carballo

Atopan sen vida a moza desaparecida en Carballo

Galia Baba Chamah, de 24 anos, desaparecera o pasado sábado

Descartan a intervención de terceiros no seu falecemento

Operativo de busca de Galia Baba Chamah
G24.gal 16/05/2022 20:23 Última actualización 16/05/2022 21:48

Voluntarios de Protección Civil atoparon este luns o corpo sen vida de Galia Baba Chamah, a moza de 24 anos desaparecida o pasado sábado na aldea de Bértoa, na localidade coruñesa de Carballo.

Polo momento non transcenderon as causas do suceso, pero a Garda Civil descartou "a intervención de terceiras persoas" no falecemento da moza. No operativo de procura participaron nas últimas horas efectivos da Garda Civil, Protección Civil e particulares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade