Cargando resultados...
Atopan o corpo sen vida do pescador desaparecido en Ferrol
Os mergulladores atoparon na tarde deste sábado o corpo do home

G24.gal
23/07/2022 19:34
O pescador desaparecido o pasado mércores no Cabo Prioriño, en Ferrol, foi atopado sen vida polos mergulladores na tarde deste sábado.
Os equipos de intervención indicaron que cerca das sete da tarde atoparon o corpo do home e, coa axuda das embarcacións dos socorristas da zona e da Cruz Vermella, efectuaron o seu traslado ata o peirao interior de Ferrol.
Para o rescate coordináronse equipos de emerxencia marítimos e terrestres.