Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o caxato da muller desaparecida en Boborás

Atopan o caxato da muller desaparecida en Boborás

Hoxe retomaron a busca nunha pista forestal a un quilómetro da súa vivenda

Emérita Nogueira, de 73 anos, foi vista por última vez o luns, ten párkinson e precisa medicación
 

G24.gal 18/09/2024 13:57 Última actualización 18/09/2024 19:56

Non se sabe canto tempo exactamente leva Emérita fóra da casa. Os seus familiares denunciaron a desaparición o martes, porque non lles collía o teléfono, pero foi o luns cando estiveron con ela por última vez.

Fabio Rosón González, tenente da Garda Civil do Carballiño: "A señora puido querer saír despexarse, ou algún recordo que tivera ela dalgunha aldea antiga, ou unha leira... non sabemos ben que rumbo puido tomar".

Unha trintena de persoas andan á súa procura. Ademais de voluntarios e axentes a pé, percorrendo o monte, a Garda Civil leva cans de rastrexo, un helicóptero e dous drons. Búscana polo monte entre Boborás e O Irixo, nas inmediacións da pista forestal onde apareceu o seu caxato.

"Zona de moitas árbores e bosque pechado que complica a busca, sobre todo cando chega a noite e buscan refuxio", explica o tenente Rosón, coordinador do operativo de busca.

Emérita, de 73 anos, está delicada de saúde. Ten párkinson e recibe a medicación mediante un dispositivo electrónico que funciona con batería. Os veciños cren que non puido ir moi lonxe.

"A zona, xa ves: todo unha maleza que non se encontra. O que pasa é que non sabemos cara a onde colleu, para arriba ou para abaixo". "Pónseme costa arriba que chegase ata aquí, porque non podía. Ela é nova e ten o sentido todo, pero o párkinson puido con ela", comentan dúas veciñas.

A muller reside habitualmente coa súa filla na Coruña, pero estaban aquí pasando as vacacións.

Un axente da garda civil opera un dron de busca Un axente da garda civil opera un dron de busca
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar