Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver dun home de nacionalidade francesa nunha praia de Ribadeo

Atopan o cadáver dun home de nacionalidade francesa nunha praia de Ribadeo

Unhas persoas atoparon o cadáver do home sobre unhas rochas do areal ribadense

A Garda Civil fíxose cargo da investigación para esclarecer as causas deste deceso.

G24.gal 14/03/2024 14:31 Última actualización 14/03/2024 21:01

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) informou do achado do cadáver dun home na praia dos Castros, no municipio lucense de Ribadeo.

Segundo a información facilitada polo 112, unhas persoas que se atopaban na zona localizaron o corpo deste home, un cidadán de nacionalidade francesa, tendido sobre unhas rocas desa praia ribadense, na Devesa.

As persoas que viron o corpo informaron de inmediato ao 112 Galicia, sobre as doce e vinte deste mediodía. De inmediato, os xestores da central de coordinación de emerxencias alertaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e á Policía Local de Ribadeo.

Así mesmo, pasouse avisou ao persoal de Salvamento Marítimo e ao Servizo de Garda Costas de Galicia.

Ata o lugar desprazouse xa a Autoridade Xudicial e o forense. A Garda Civil fíxose cargo da investigación para esclarecer as causas deste deceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos