Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver do neno de 11 anos desaparecido cando se bañaba nun río en Alzira

Atopan o cadáver do neno de 11 anos desaparecido cando se bañaba nun río en Alzira

O corpo localizouse no mesmo lugar onde os amigos do rapaz indicaran que o perderan de vista

G24.gal 14/06/2024 13:46 Última actualización 14/06/2024 18:01

Os equipos de rescate localizaron o cadáver do neno de 11 anos desaparecido na tarde deste xoves cando se bañaba no río Júcar, ao seu paso pola localidade valenciana de Alzira.

O corpo estaba na mesma zona onde os amigos do rapaz indicaron que o perderan de vista.

Os traballos de busca víronse dificultados pola gran cantidade de restos que arrastra o río despois das fortes chuvias desta semana, que provocaron tamén un aumento do caudal.

Para favorecela busca, o encoro de Tous, situado augas arriba de Alzira, reduciu ao mínimo esta mañá a evacuación de auga encorada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar