Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan como violencia machista a morte dun home e da súa parella en Sevilla

Investigan como violencia machista a morte dun home e da súa parella en Sevilla

A muller faleceu acoitelada pola súa parella, que se suicidou despois

O home presentaba unha ferida de arma branca

G24.gal 13/08/2022 12:40 Última actualización 13/08/2022 19:44

A Policía Local de Sevilla atopou os corpos dunha muller estrangulada e un home con polo menos unha ferida de arma branca. Estaban xunto a un transformador eléctrico abandonado nas proximidades dun centro comercial de Sevilla.

A Policía Nacional informa de que ás tres da maña unha patrulla da Policía Local observou un turismo co maleteiro aberto na rúa Manuel Vasco de Pando e atoparon os cadáveres no seu interior.

A muller faleceu acoitelada cun coitelo de grandes dimensións, co que a súa parella se quitou a vida despois. Investigan o asasinato da muller de 44 anos como posible crime de violencia machista. Non existían denuncias previas de violencia de xénero.

A ministra de Igualdade, Irene Montero, sinalou nas redes sociais que "non podemos descansar ata chegar sempre a tempo, ata que os recursos de prevención e acompañamento cheguen a todas as mulleres vítimas de violencia machista". 

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero informou de que de confirmarse este novo caso, o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero ascendería a 27 en 2022  e a 1.157 desde 2003.

Agora practicaranlles as autopsias no Instituto Anatómico Forense de Sevilla, mentres avanzan as investigacións, e a Policía Científica analiza o lugar do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade